Conmoción nas Rías Baixas polo achado de dous cadáveres calcinados en Campo Lameiro

A falta de confirmación oficial, todo apunta a que os corpos localizados en Campo Lameiro corresponden a unha parella que vivía en Moraña. O home era natural dese municipio e a muller, de Caldas. Aínda que non se descarta ningunha hipótese, gaña forza a posibilidade de que se trate dun crime machista. Seica o varón tiña antecedentes por violencia de xénero.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

Situación límite nunha unitaria de Moraña: precisan dous nenos antes do xoves ou terá...

A unitaria de Lamas, no concello de Moraña, busca rapazada para evitar o peche. A escola infantil precisa que se matriculen dous nenos para o próximo curso antes deste xoves. Se non o conseguen, a Xunta pechará o centro. A mestra fai un chamamento ás familias a que aposten polo modelo educativo que se ofrece neste tipo de escolas, moito máis próximo e apegado á contorna.

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a súa...

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a zona de captación do seu manancial. Foi posible grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 12.000 euros. Os traballos consistiron no desbroce da zona e a instalación dun novo decantador para a filtración da auga dese manancial.

Chuvia de quintos premios pola Illa, Cambados, O Grove, Meis, Sanxenxo ou Poio

O SALNÉS/PONTEVEDRA> A sorte tamén deixou moitos quintos premios en toda a nosa contorna. Houbo beliscos na Illa, Cambados, O Grove, Meis, Poio, Pontevedra,...

Traballadores de Vertifil protestan polo despedimento de seis compañeiros e reclaman a súa readmisión

MORAÑA> O cadro de persoal de Vertifil volve movilizarse. Desta volta, en resposta á decisión da empresa de despedir a seis traballadores. A decisión...

Presentan unha solicitude urxente para que se paralicen as voladuras do Monte Acibal

MORAÑA> Máxima preocupación en Moraña polo inicio das voladuras no Monte Acibal para a instalación dun parque eólico. Hoxe presentouse unha solicitude urxente de...

MINUTO A MINUTO | #Contrastes28M

🗳️ #Contrastes28M | Programa especial EN DIRECTO 1:28 h | 🗳️ #Contrastes28M | En Moraña apenas hai movementos. O PP mantén a maioría absoluta, malia...

A comarca de Caldas encara as eleccións municipais sen grandes previsións de cambio

Facemos un repaso pola comarca de Caldas ante a celebración das eleccións municipais de hoxe. Na capital de comarca, en Caldas, Juan Manuel Rey...
'A empresa destroza os petróglifos', veciños de Moraña reclaman responsabilidades á Xunta e concello

‘A empresa destroza os petróglifos’, veciños de Moraña reclaman responsabilidades á Xunta e concello

MORAÑA> A veciñanza de Moraña denuncia que a empresa que está a construír o parque eólico está danando numerosos petróglifos. A asociación Amil Sen...

REDES SOCIAIS

40,538FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete