Programa especial ‘Fitur 2026’

Un ano máis Galicia e as Rías Baixas tiveron un papel destacado en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se acaba de celebrar en Madrid. No programa especial 'Fitur 2026' repasamos o que deu de si a edición número 46 deste evento con interese para a nosa contorna.

Pilgrim, a axencia que se apoia en 7.500 provedores para vivir unha experienca completa...

O Camiño de Santiago tamén estivo moi presente en Fitur coa vista posta no Xacobeo 2027. Na feira de turismo o turoperador Pilgrim conta cun stand propio no que presenta a súa oferta de servizos para vivir unha experiencia completa arredor do Camiño. A empresa ofrece distintas alternativas para unha viaxe a medida.

O Cluster de Turismo de Galicia pon o foco na profesionalización do sector como...

O stand de Galicia en Fitur acolleu esta mañá a presentación do Cluster de Turismo de Galicia baixo o título 'Arquitectos do ocio: profesionais dun turismo responsable'. Dende o Cluster entenden da importancia de prestixiar este sector e da necesidade da súa profesionalización para acadar un turismo sostible e de calidade.

Galicia posiónase en Fitur como potencia do turismo náutico

A oferta náutica de Galicia tamén estivo presente hoxe en Fitur. Portos de Galicia abordou o impacto do turismo náutico nos portos de titularidade autonómica. Un sector á alza e que atopa en Galicia un lugar idóneo, polas súas características que permiten a navegación ao longo de todo o ano.

Galicia reivindica en Fitur a marca ‘Galicia calidade’ no seu maior stand ata o...

Galicia está presente un ano máis en Fitur centrando a súa campaña na marca 'Galicia Calidade'. A proposta busca amosar o turismo na nosa comunidade a través de experiencias concretas. Pon o foco, por exemplo, no eclipse solar de agosto, no Camiño de Santiago e na nosa oferta gastronómica. Todo nun stand de máis de 1.200 metros cadrados, o maior ata o momento, que mestura tecnoloxía e sostibilidade.

A Xunta promociona en Fitur a Ribeira Sacra na recta final da candidatura a...

Máis alá das Rías Baixas, outros territorios de Galicia tiveron nesta primeira xornada un peso destacado. É o caso dos 26 municipios que integran a Ribeira Sacra, un territorio que aspira a converterse en patrimonio mundial.

Rueda pecha o 2025 con ata seis cambios no seu goberno, tres deles en...

Alfonso Rueda anunciou hoxe seis relevos no seu goberno, tres deles na Consellería do Medio Rural meses despois da peor vaga de incendios que viviu Galicia. Entre os novos nomeamentos está o de Luisa Piñeiro, a que fora alcaldesa de Moraña, que pasa a ser responsable de Planificación e Ordenación Forestal.

Galicia encara a recta final deste 2025 como un ano de récord para o...

A falta dun mes para rematar un ano, todo apunta a que a comunidade medrará tanto en visitantes como en noites en establecementos turísticos. Avanzou aquí, nunha entrevista en Canal Rías Baixas o director de Turismo de Galicia. Xosé Manuel Merelles destacou tamén a aposta que se está a facer dende a Xunta pola desestacionalización do sector, así como a súa promoción internacional.

O orzamento da Deputación da Coruña para 2026 ascende a 256’5 millóns de euros

A Deputación da Coruña presentou esta mañá o orzamento para o vindeiro ano 2026. O presuposto ascende a un total de 256´5 millóns de euros, o que supón un 6,67% máis que o do exercicio anterior.

CIG-Ensino inicia o curso convocando unha manifestación o día 13 e unha folga o...

CIG Ensino comeza o curso como o rematou: con mobilizacións. O sindicato ten previstas dúas xornadas de protesta para este mes de setembro. Dunha banda, unha manifestación en Santiago para o sábado 13. Da outra, unha xornada de folga para o día 25. Con estas iniciativas, buscan denunciar os recortes na educación pública da Xunta de Galicia e a falta de docentes.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete