Portas converte a súa antiga Casa Consistorial nun centro polivalente baixo o nome de...
Portas dálle unha nova vida á antiga Casa Consistorial. O edificio acaba de ser remodelado, mellorando as súas prestacións para destinalo a usos veciñais. O espazo leva o nome de Concepción Pérez Iglesias. A inuaguración serviu tamén para renderlle homenaxe á que foi a primeira alcaldesa de Portas e de Galicia.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.
Portas incorpora á súa flota un vehículo con plataforma elevadora financiado pola Xunta e...
O concello de Portas incorpora un novo vehículo á súa flota. Trátase dun pequeno camión equipado cunha plataforma elevadora, que facilitará intervencións en canelóns, alumeado público ou árbores. O vehículo tivo un custo de 53.000 euros dos que a Xunta achegou 32.000. Os cartos restantes foron achegados polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
16 mozos e mozas de Moraña, Valga e Portas fórmanse en técnicas forestais e...
Hoxe rematou a primeira edición do obradoiro de emprego xuvenil que organizaron de forma conxunta os concellos de Moraña, Valga e Portas. Unha iniciativa que permitiu formar a 16 mozos e mozas nos módulos de albanelería e forestal durante un ano. Grazas á parte práctica, durante este tempo levaron a cabo diversas melloras e actuacións nos tres municipios.
Un potente incendio nunha nave en Portas deixa cuantiosos danos materiais
Un incendio rexistrado nunha nave en Portas deixa cuantiosos danos materiais. As instalacións están situadas preto da Azucreira e pertencen á empresa Eiriz, que se dedica á fabricación de toldos. As lapas calcinaron por completo practicamente a metade da nave. No momento do incendio non había ninguén no seu interior, porque o seu persoal estaba a realizar un servizo en exterior.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
Sete parroquias ‘confluirán’ este ano nos actos de Xoves e Venres Santo de Paradela
Máis dun cento de persoas traballan xa para darlle forma á Semana Santa de Paradela. Este ano, os actos relixiosos veñen con novidades. Por unha banda, coa recuperación da Confraría de Santa María, que levaba inactiva máis dunha década. Pola outra, pola 'unificación' dos actos relixiosos de Xoves e Venres Santo en Paradela de sete parroquias distintas de Meis, Ribadumia, Portas e Meaño. Trátase dun evento declarado de interese turístico galego e que aspira a converterse de interese turístico nacional.
A Xunta rehabilitará o retablo maior da igrexa de San Pedro de Lantaño, en...
O proxecto de restauración do altar de Lantaño suporá un investimento de 62.000 euros. A estrutura barroca está afectada por varias pragas. No proceso de recuperación, tamén se van restaurar as imaxes e tentarase recuperar a policromia orixinal.
Todo listo para un PortAmérica que colgou o cartel de completo hai dúas semanas
Todo listo en Portas para vivir a súa fin de semana máis internacional do ano. A Azucreira vivirá un cheo absoluto do 4 ao 6 de xullo co gallo do festival Portamérica. Hai xa dúas semanas que a cita colgou o cartel de ‘non quedan entradas’, confirmando o éxito dunha proposta que mestura música e gastronomía.
José Carlos Eirín opta por non declarar pero asegura que ‘non sabía quen ía...
PONTEVEDRA> A Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu hoxe a primeira sesión do xuízo polo crime de Jessica Méndez, acontecido o 17 de marzo de...


















