Canal Rias Baixas de novo estará presente na nova edición da “Feria Internacional del Turismo”, Fitur 2014. Nesta edición o coñecido xornalista Carlos Portas, dirixirá a cobertura mediática desta canle desde Madrid. Carlos Portas foi correspondente de TVG en Porto e durante 11 anos en Bruxelas, e na súa última etapa na televisión autonómica foi Director e presentador do programa informativo matinal Bos Dìas.
Dende Fitur, Canal Rías Baixas dará cobertura a todos aqueles acontecementos que teñan que ver co desenrolo do sector turístico na nosa área de influencia, ademáis nesta edición emitiremos en directo a través de internet, as presentacións que realizarán diversos organismos e concellos da contorna.
O concello de Sanxenxo presentará “Sanxenxo en tus manos” unha nova APP (aplicación para móbil), a través da que coñecer mási e mellor o concello máis turístico de Galicia.
Cambados presentará “Música con DO”, un proxecto cultural que liderou Cambados e no que participa o Concello de Peñafiel (DO Ribera del Duero) e que contou con fondos do Ministerio de Cultura. Este proxecto mistura música, cine na rúa, exhibicións gastronómicas, co mundo do viño con Denominación de Orixe Rías Baixas.
A Mancomunidade Arousa Norte, baixo o título “Anfitriones de Arousa Norte, un destino con Alma” vai presentar as iniciativas de turismo accesible que está desenrrolando. O acto asistirán diversos persoeiros do sector turístico e responsables das principais entidades que agrupan a persoas con discapacidade.
A Deputación de Pontevedra, focalizará a atención sobre a nosa cociña a nivel nacional e internacional o que supón unha excelente ocasión para atraer turismo gastronómico ou para que os produtos agroalimentarios galegos estean presentes nos restaurantes e as mellores tendas do mundo.