MADRID> Un ano máis Galicia tivo un papel destacado dentro de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se acaba de celebrar en Madrid. A promoción da nosa comunidade xirou arredor da marca país ‘Galicia calidade’, nun stand de máis de 1.200 metros cadrados que serviu de punto de encontro co sector, ademais de incluír unha ampla programación de presentacións e actividades.
No espazo Galego celebráronse medio cento de actos da Xunta, das catro deputacións, de concellos e de distintos xeodestinos.
No programa especial ‘Fitur 2026’ repasamos o que deu de si a edición número 46 da Feira de Turismo, con interese para a nosa contorna.










