Canal Rías Baixas estrea ‘Pontevedra ás 10’

PONTEVEDRA> Canal Rías Baixas avanza na súa aposta por achegar á súa audiencia a información que máis lle interesa. Trala apertura da nova delegación en Pontevedra, esta casa dá un paso máis e estrea ‘Pontevedra ás 10’, un informativo específico para a capital de provincia e a súa comarca. ‘Pontevedra ás 10’ emitirase de luns a venres ás 22.00 horas. Será despois de ‘As Novas do día’, espazo informativo no que poderán seguir de preto toda a actualidade das comarcas de O Salnés, O Barbanza, Ulla-Umia e Muros-Noia.