Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre

CANALRÍASBAIXAS EN TDT 

O noso repetidor de Xiabre que viña emitindo dende 1994 en analóxico na Canle 47 de UHF,  pasou a facelo exclusivamente en TDT.
Este cambio significa un paso cara o futuro e beneficiará ós telespectadores que reciben o noso sinal dende Xiabre, esto é:

 –  Concellos da comarca de Caldas (Pontecesures, Valga, Moraña, Cuntis ou Catoira,…).

 –  Na zona norte da comarca do Salnés (Vilagarcía, Vilanova, Meis ou Ribadumia).

 –  Na Comarca do Barbanza (Rianxo, Dodro, Rois ou Padrón, entre outros concellos). 

Nesta comarca o noso sinal podería ser recibido nalgúns fogares de Boiro, A Pobra e Ribeira, pero non é o habitual, dado que a maioría das antenas apuntan a Domaio.

 

¿COMO SINTONIZARNOS EN TDT?

1.     Entrar no menú do seu decodificador ou televisor con TDT.
2.     Acceder á configuración técnica ou instalación.
3.     Búsqueda de canales ou exploración.
4.     Sintonía manual. 
5.     Introducir a canle 47 ou 27, ou as dúas.
6.     Si aparece o noso sinal,   confirmar a selección.
7.     Ir hacia atrás ou sair do menú.
8.     Ordear canales
9.     Memorizarnos preferiblemente no nº 7 do tdt (mando a distancia).Importante.
10.  Si mediante sintonía manual non nos reciben, proben a facer sintonía automática.

 

¿COMO SABER DE QUE REPETIDOR RECIBEN O SINAL?

A) Si o nome da emisora que pon na súa pantalla é “a Sete CANALRIASBAIXAS” é o canal 47 (Salnés- Caldas).

B) Si o nome da emisora que pon na súa pantalla é  "a7 CANALRIASBAIXAS" é o canal 27 (Barbanza- Muros e Noia).

 

¿E SI NON NOS RECIBE?

Pode que en determinadas vivendas unifamiliares ou edificios que teñen as antenas orientadas a Xiabre, é probable que teñan que xirar a antena 90º sobre si mesma, para que a señal sexa óptima.

En caso de que non nos sintonicen correctamente en TDT, terán que  consultar con un antenista da súa zona, eles saberán resolvelo.

 

PREVISIÓNS PARA AS COMARCAS DO SALNÉS E CALDAS

"a Sete CANALRÍASBAIXAS"

Próximamente (+/- 1 mes) emitiremos en TDT dende Monte Castrove hacia a zona sur do Salnés, para concellos como Meis, Ribadumia, A Illa, Cambados ou Meaño.

Próximamente (+/- 1 mes) emitiremos POSIBLEMENTE dende  o Monte Pastoriza (Marín), dirección Domaio, para os concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio, entre outros.

Recomendamos ós nosos telespectadores e antenistas das comarcas do Salnés e Caldas  que nos sintonicen preferiblemente pola Canle 47, que é a frecuencia asignada polo Ministerio para a comarca do Salnés.
 
 

PREVISIÓNS PARA AS COMARCAS DO BARBANZA, NOIA E MUROS

"a7 CANALRIASBAIXAS"

O vindeiro luns 1 de febreiro temos previsto iniciar as emisións en TDT para as comarcas de Noia e Muros,  na Canle 27 de UHF, dende o Monte San Lois en Noia.

Próximamente temos previsto iniciar as emisións dende O Grove, en dirección Domaio, para os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
 

Hai máis dun ano, en novembro de 2008, iniciábamos as emisións en TDT dende Xiabre para a comarca do Barbanza  na Canle 27 de UHF.

 

GRAZAS POR SEGIRNOS,

CANALRÍASBAIXAS