O programa CONTRASTES volvía onte á grella do noso canal, da man do xornalista Carlos Portas. Ese primeiro espazo da tempada centrouse en analizar a situación política nas Rías Baixas de cara ás eleccións municipais do 24 de maio. O elenco de convidados aportou moitas claves para entender eses comicios, e non deixou indiferente a ninguén.
Os profesores Xosé Luís Barreiro Rivas e Emma Torres, e os xornalistas Manuel Blanco, Pedro Pérez e Mariano Goikoa estrearon a primeira mesa de debate do programa Contrastes, desta casa. Da man do xornalista Carlos Portas, os convidados analizaron a situación política dos concellos de cara aos comicios municipais de maio.
Dende a análise dos partidos e os candidatos, ata o papel das redes sociais nas campañas políticas, os analistas amosaron os seus puntos de vista dun xeito claro, plural e mesmo vehemente.
Contrastes volvía á grella de Canal Rías Baixas e xa prepara o prato forte: Dende o 9 de abril ofrecerá ata 24 debates cos líderes políticos dos principais concellos da contorna, para que expliquen que propostas lles lanzan aos cidadáns.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/contrastes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/contrastes.mp4{/flowplayer}
Comments are closed.