Os baixos prezos das capturas condicionan a costeira da xarda

    MUROS> Mal balance da costeira da xarda marcada por capturas inestables e, sobre todo, pola baixa cotización. A saturación do mercado, pola presenza de peixe conxelado da anterior campaña, está detrás deste descenso dos prezos. Eran moitas as embarcacións de artes menores galegas que tiñan depositadas as súas esperanzas na costeira da xarda. Sen embargo, a campaña non puido arrancar peor. Capturas escasas e inestables, con pouco tamaño e unha cotización que apenas fai rendible saír a faenar. A caída dos prezos débese, en parte, á saturación do mercado xa que as conxeladoras traballan aínda con xarda que quedou sen vender na anterior campaña. Confían polo tanto en que a situación poida mellorar en vindeiros días. De non ser así, a federación galega de confrarías deseñou unha estratexia para evitar a venda deste peixe por debaixo dun mínimo establecido. Se a cotización non supera os cincuenta céntimos por quilo, a organización de produtores de Galicia podería adquirilo e conxelalo para vendelo a un prezo máis competitivo tras buscar acordos cos compradores. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/balancecosteiraxarda2703151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/balancecosteiraxarda270315.mp4{/flowplayer}