Canal Rías Baixas ofrece en streaming o “Encontro de Mulleres Columnistas”

PONTEVEDRA> En Pontevedra, xa está en marcha o “Encontro de Mulleres Columnistas”. Baixo o título de “As mulleres que opinan son perigosas”, xornalistas de diferentes xeracións participarán na cita, con nomes como Rosa Montero, Elisa Beni, Celia Blanco ou Emma Gascó.

Entre hoxe e mañá no Teatro Principal sucederanse unha quincena de relatorios e debates que afondarán na situacións das mulleres freelances, da opinión no xornalismo local ou no acoso machista en redes sociais.

A entrada para todas as charlas do encontro é libre ata completar aforo. Ademais, en CANAL RÍAS BAIXAS ofrecemos en streaming toda a xornada a través da web www.canalriasbaixas.com ou a través da nosa canle de Youtube.