O Concello de Pontevedra aproba as subvencións deportivas de 2019

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aprobou hoxe as subvencións deportivas de 2019. Unhas axudas que ascenden a 300.000 euros e que o goberno municipal pretende que se repartan no mes de novembro. Un paso máis para poñerse ao día no pagamento destas subvencións.

Un dos principais obxectivos da Concellería de Deportes neste mandato é poñerse ao día no pagamento das subvencións aos clubs deportivos da cidade. Algo que parece que cada vez está máis cerca. Tras abonar as contías das escolas deportivas correspondentes ao ano 2020, o goberno municipal aprobou hoxe o expediente das subvencións deportivas de 2019. Unhas axudas que ascenden a 300.000 euros.

Estes 300.000 euros dividiranse entre uns 60 clubs da cidade. O obxectivo do Concello é poder repartir estas axudas no mes de novembro.

En relación ao inicio da tempada de balonmán no Pavillón Municipal dos Deportes, o edil socialista afirmou hoxe que todo está preparado para esa volta á actividade. Porén, Tino Fernández criticou a falta de organización por parte da Liga Asobal.

Por último, o concelleiro de Deportes tamén se referiu esta mañá á reapertura das escolas deportivas. Unha reapertura para a cal aínda non hai data marcada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí