O PP presentará unha moción contra a cesión de remanentes por ser un “atraco a man armada”

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra levará aos plenos de todos os concellos da provincia e ao da Deputación unha moción contra a cesión de remanentes. Ademais, na proposta dos populares pedirase expresamente a reprobación do presidente da FEMP.

Chamar á reflexión sobre o acordo adoptado polo Goberno do Estado e a FEMP sobre a cesión de remanentes. Ese é o obxectivo principal da moción que presentará o PP de Pontevedra en todos os plenos municipais da provincia, así como na Deputación.

Nesta moción, o PP de Pontevedra pedirá tamén a reprobación do presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Os populares entenden que con este acordo co Goberno do Estado, Abel Caballero traizoa ao municipalismo.

Os populares están convencidos de que esta incautación de fondos provocará unha grave crise local e, por iso, instan ao Goberno do Estado a atender as demandas dos Concellos para que estes poidan dispoñer de todos os seus remanentes para a loita contra a Covid.

No caso da provincia de Pontevedra, a cifra total de fondos municipais ascende a 24 millóns de euros. Dos cales, 19 millóns corresponden aos remanentes da propia Cidade do Lérez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí