A Xunta mellorou a estética e funcionalidade da estación de autobuses de Noia

NOIA> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, visitou esta mañá a estación de autobuses para comprobar o resultado das obras de acondicionamento levadas a cabo nos últimos meses.

A actuación, cun investimento da Xunta de máis de 270 mil euros, permitiu, entre outros aspectos, a consolidación da cimentación do edificio, ó estar construída nunha zona de recheo do mar.

En total a mellora levada a cabo agora na estación de autobuses de Noia ascendeu a uns 270 mil euros. Unha cantidade aportada pola Xunta de Galicia que se suma a outro investimento realizado hai apenas tres anos, doutros 180 mil euros, e que supuxo ó acondicionamento da fachada do edificio. Os traballos levados a cabo nos últimos meses tiñan coma principal finalidade a consolidación do terreo da cimentación, ó atoparse construída sobre terreos gañados ó mar.

O alcalde, Santiago Freire, agradeceu o investimento realizado pola Xunta nesta actuación, que se suma a outros proxectos xa realizados ou a piques de materializarse.

Ademais a reforma serviu tamén para mellorar a accesibilidade na estación e instalar unha pantalla de información para avisos e horarios de autobuses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí