Uns cen regatistas tomarán parte na XIX Regata Gadis

RIBEIRA> As instalacións do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, entidade organizadora, acolleron o acto de presentación da 19 edición da Regata Gadis.

A cita, centrada nestes últimos anos na promoción da vela entre os máis cativos, terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado e o domingo.

Agárdase a participación dun cento de regatistas das clases Optimist e ILCA 4.

A proba contará un ano máis co patrocinio de Gadis.

Dende o Club agradaceron un ano máis o apoio de Gadis, principal patrocinador, xa que sen a súa axuda sería imposible poder celebrar esta regata.