Boiro volverá a contar este ano cunha das escolas de tecnificación do Deportivo da Coruña

BOIRO> A  proposta, presentada esta mañá no Concello, irá da man da Escola Municipal de Fútbol.

Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición da escola de tecnificación que vai poñer en marcha o RC Deportivo da Coruña, en colaboración coa Escola Municipal de Fútbol, destinada a rapaces e rapazas de toda a comarca entre os seis e os catorce anos que desexen complementar os adestramentos e a súa formación futbolística de forma individual e personalizada.

A actividade dará comezo en outubro e prolongarase toda a tempada. As inscricións para participar xa están aberta, polo que dende a Escola Municipal de Fútbol fan un chamamento a participar nela.

Dende o Concello destacaron a importancia de acoller unha iniciativa deste tipo que busca mellorar o deporte base.

As prazas son limitadas para garantir os protocolos e medidas anticovid. Para máis información e inscricións os interesados poden  dirixirse á web www.escola.rcdeportivo.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí