Castiñeiras: ‘A rivalidade dun derbi sempre achega as diferenzas’

CAMBADOS> Mañá o pavillón do Pombal encherase ata a bandeira para asistir ó primeiro derbi da tempada en Xuven e Marín Peixe Galego. Iago Casal contará en principio con todo o seu plantel, incluído Eric que xogará con máscara tras fracturarse o nariz. Agárdase un partido moi vibrante ó que os dous conxuntos chegan moi igualados: acumulan unha vitoria e unha derrota e preséntanse con cadros case totalmente renovados. Salvo imprevistos de última hora, o cadro do Xuven ó completo estará operativo para desputar mañá o seu primeiro derbi da tempada. Recibirán na casa ó Marín Peixe Galego. Un encontro que se prevé vibrante e que está a levantar unha gran espectación. Como nos comentaba o presidente do Xuven, Jorge Castiñeiras, Iago Casal poderá contar con plantel ó completo, incluído Eric que terá que xogar con máscara tras magoarse o nariz a pasada fin de semana. Pola banda contraria, si se contarán dúas baixas: Víctor García por rotura de fibras e Al Rapier, aínda convalecente da escordadura no nocello. A pesar de que nun derbi, segundo Castiñeiras, non contan traxectorias, o certo é que os dous equipos chegan a este encontro moi igualados en condicións. Unha vitoria e unha derrota cada un desde o inicio da liga e renovación case ó completo de plantel. O presidente do Xuven agarda que esta nova formación traia grandes satisfaccións á afección amarela, aínda que o seu maior desexo é non repetir a vaga de lesións que marcaron a pasada tempada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/jorgecastineiras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/PREVIA_PARTIDO_XUVEN.mp4{/flowplayer}