Emision en directo desde Fitur

Madrid – Fitur > Canal Rías Baixas EMITIU EN DIRECTO dende Fitur as presentacións e actividades máis salientables levadas a cabo dende o stand de Galicia.

 Canal Rías Baixas desplazou a un equipo formado por cinco profesionais para a cobertura informativa deste evento con proxección internacional. Grabar, editar e emitir en directo as presentacións máis importantes realizadas dende o stand de Turgalicia, foron algunhas das funcións para as que fomos requeridos.

 
STREAMING EN DIRECTO:

Emitimos en directo a través de internet o sinal realizada das presentacións levadas a cabo polo Concello de Cambados, Concello de Sanxenxo, Mancomunidade Arousa Norte, Turgalicia, Termatalia-Ourense, e Turismo Rías Baixas, entre outros.

As webs de Canal Rías Baixas, Turgalicia, Termatalia, Arousa Norte, e diferentes medios de comunicación galegos difundiron o sinal suministrado en directo. 

COBERTURA INFORMATIVA:

Para a cobertura informativa, Canal Rías Baixas contou coa colaboración do coñecido xornalista Carlos Portas, que foi   correspondente de TVG en Bruxelas e Porto durante case 11 anos. Rtve, Tvg, e Canal Rías Baixas, empregaron as imaxes editadas e servidas dende Fitur.

{gallery}ano2014/01xaneiro/24/canalriasbaixas{/gallery}