Galicia propón en Fitur múltiples formas de vivir expereciencias únicas

Madrid – Fitur > Galicia viviu o seu día grande na feira de turismo FITUR. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, visitou o stand galego, e pasou revista de tódolos aspectos que Galicia e, por suposto, as Rías Baixas, ofrecen nesta mostra, poñendo de manifesto a importancia do sector. “Rías Baixas nos albores da historia” é a nova aposta da Deputación de Pontevedra para este ano 2014 en materia de turismo. Deste xeito, procuran divulgar os castros e os castelos da provincia de Pontevedra, e con iso potenciar a vertente cultural da rexión, unha estratexia avalada polas estadísticas, xa que os visitantes que se moven por motivos culturais son os que máis diñeiro deixan.

Este novo pulo ao turismo cultural procura que as Rías Baixas se consoliden coma a sexta rexión máis visitada de toda España no ano pasado, segundo datos do Instituto Nacional de Estadistica. Isto deberia contribuir á recuperación económica da zona.

Entre as propostas para este ano tamén esta un congreso internacional da camelia, un encontro de turoperadores de todo mundo, ou citas deportivas de gran relevancia, coma o regreso da Vuelta a España de ciclismo ou o campionato do mundo de Surf, que terá coma escenario privilexiado a praia da Lanzada.

Ademais, antes do veran, a Deputación pretende adxudicar un proxecto de Pousadas do Salnés, que complementaría a oferta hoteleira actual, e no que ten postas expectativas de emprego e negocio.

Durante estes tres primeiros dias da feira, o papel relevante foi exclusivamente para os profesionais do sector, que tiveron oportunidade de compartir estratexias e pechar negocios. Agora, coa chegada da fin de semana, a feira abrese ao publico en xeral, que pode aproveitar a visita para levar debaixo do brazo as súas vacacions deste ano a un prezo con algúns descontos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/24/Galicia/Noticia_Fitur_dia_24.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/24/Galicia/Noticia_Fitur_dia_24.mp4{/flowplayer}