O Grove > A empresa de Cupertino, abriu unha área de libros de texto, iBooksTextbooks, unha área dentro da súa tenda de libros que ata agora só funciona no Reino Unido , EEUU, Canadá e Australia. España é hoxe un dos 51 países que poden acceder a este contido. Nesa biblioteca virtual, xunto as editoriai de corte académico Oxford e Cambridge, ou a española Santillana, posiciónase a empresa pontevedresa Imaxina, unha editorial de O Grove. Na roda de prensa de Apple destaca a “frescura” das suxerencias desta pequena editora cun libro de propostas para comprender mellor os sentidos e outro dedicado ás orixes da Terra, con versións en español e inglés.
Los sentidos https://itunes.apple.com/es/book/los-sentidos/id771712766?l=en&mt=13
Historia natural: Orígenes https://itunes.apple.com/es/book/historia-natural-origenes/id776197530?l=en&mt=13
Eddy Cue, vicepresidente senior de Software y Servicios de Internet de Apple, presumiu dos 30 años de experiencia da súa empresa no mundo educativo. E que, a día de hoxe, a aposta da compañía da manzana é o iPad, a tableta, xunto co software, e é neste punto onde aparece a compañía de O Grove, un perfecto aliado para competir con garantías no suculento negocio da educación.
“Creemos que recursos como os libros de texto de iBooks supoñen un cambio radical na forma de aprender porque fan que interveñan as diferentes habilidades de cada alumno”, dixo Miguel Domínguez, director de Marketing de Imaxina Novas Tecnoloxias.
{gallery}ano2014/01xaneiro/26/Imaxina{/gallery}