Un viveiro de empresas e unhas xornadas de emprendemento para Cambados

    CAMBADOS> O Concello de Cambados aposta polo emprendemento e crea un viveiro de pequenas empresas no polígono de Sete Pías enfocado aos máis novos que se completará cunhas xornadas de información e asesoramento sobre as distintas posibilidades que hai para montar un negocio.

     

    Aprobado por unanimidade no pleno do Concello, esta mañá era presentado aos estudantes de varios obradoiros de emprego que se están a realizar neste momento na vila. Un edificio do polígono xa está destinado a ser a sede de microempresas que teñen como obxectivo a permanencia dos mozos e mozas de Cambados no municipio.

    E para darlle un pulo a todos aqueles que queiran comezar a súa propia empresa o Concello ven de crear unhas xornadas de emprendemento que terán lugar o 23 e 24 deste mes de outubro na que os que ata alí se acheguen poderán encontrar asesoramento sobre financiamento, a utilidade das redes sociais para un negocio ou o couching empresarial.

    A medio prazo tamén se creará outro viveiro de empresas destinado neste caso a actividades industriais pequenas en parcelas de 80 e 100 metros cadrados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/emprendemento_camabdos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/emprendemento_cambados.mp4{/flowplayer}