Ribadumia estrea nova páxina web ca que poder axilizar a comunicación cos veciños

    RIBADUMIA> O concello de Ribadumia reconstrúe a web a súa web municipal e crea unha aplicación móbil para facilitala comunicación entre o consistorio e os veciños. 

     

    Converterse nunha canle eficiente, aumentar a transparencia da xestión municipal e posibilitar unha maior participación da veciñanza, eses son os tres obxectivos que levaron a goberno municipal de Ribadumia a coidar un pouco máis os aspectos virtuais do concello. 

    Representantes dos tres partidos gobernantes, presentaron a nova páxina web do concello ribadumia.org, que estará apoiada por unha aplicación móbil e unha plataforma a que se accederá despois de darse de alta. 

    O alcalde, David Castro, recoñeceu estar traballando para que nun prazo corto ou medio de tempo, se poida crear unha sede electrónica ca que poder axilizar a administración municipal e evitar os desprazamentos ao concello para entregalos documentos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/20/nova_web_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/20/nova_web_ribadumia.mp4{/flowplayer}