Luz verde á desafectación da antiga Comandancia de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Novo paso de cara a construción do novo centro de saúde de Vilagarcía. Portos do Estado vén de da-lo visto bo á desafectación da antiga Comandancia, onde se construirá o novo ambulatorio. O trámite fíxose tan só en cinco meses. No vindeiro mes de maio a Autoridade Portuaria comezarán os primeiros trámites para a venda ao Concello, paso que se aprobará no consello de administración do Porto.

O proxecto de construción do novo centro de saúde de Vilagarcía continúa avanzando e faino a bo ritmo. O Ministerio de transportes vén de autoriza-la desafectación dos terreos da antiga comandancia, paso previo para que o concello poida adquiri-la parcela.

O trámite fíxose dun xeito áxil e sen dilatarse no tempo. Tanto o alcalde como o presidente da Autoridade Portuaria entenden que se debe á boa sintonía entre as partes implicadas.

O vindeiro paso será leva-la venda da antiga Comandancia ao consello de aministración da Autoridade Portuaria. En principio, o mes que vén.

O concello de Vilagarcía, entre tanto, traballa xa na redacción do proxecto de demolición destas instalacións. Calcúlase que iso será nos derradeiros meses deste 2022. A compra da antiga comandancia por parte de Ravella suporá un investimento de 1.150.000 euros. Unha operación, lembra o alcalde, que non ten que ser aprobado en Pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí