O PP levará ao pleno da Deputación a súa preocupación pola parálise das Pousadas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/pp_pousada_armenteira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/pp_pousada_armenteira.mp4{/flowplayer}

 

MEIS> O futuro das Pousadas do Salnés preocupa ao PP da provincia. Un dos proxectos estrela da etapa de Rafael Louzán continúa cos catro establecementos pechados e, polo de momento, sen data de apertura. Despois de varios retrasos, que se remontan xa á etapa dos populares, os deputados do grupo anunciaron que no vindeiro pleno preguntarán ao goberno polas súas intencións para o futuro das pousadas.

Dende as portas da Pousada de Armenteira, os deputados populares expresaron a súa preocupación polo futuro do proxecto. 

Tanto esta como as da Lanzada, de Ribadumia e de Meaño continúan pechadas. Os atrasos na data de apertura remóntanse á época de Rafael Louzán á fronte da Deputación. Inicialmente, estaba previsto que a actividade comezara na Semana Santa. Despois, falouse do verán deste ano. Trala chegada do novo goberno, o futuro das Pousadas é incerto.

O grupo popular quere coñecer agora as intencións do bipartito. Por iso levarán o futuro das Pousadas do Salnés ao vindeiro pleno da Deputación.

Os deputados insistiron no impacto que as pousadas terán na comarca; un produto de excelencia turística que, aseguraron, se está a deteriorar pola falta de uso.

Si se coñece que o proxecto das Pousadas do Salnés figura nunha listaxe de proxectos con fondos europeos que estaban a ser revisados polo actual goberno da Deputación. Hai pouco menos dun mes, a presidenta anunciara que os trasladaría á Fiscalía e ao Tribunal de Contas por entender que existían irregularidades. 

Moldes asegurou descoñecer o motivo, pero expresou as súas dúbidas de que chegara a realizarse.