Rueda destaca a importancia da actividade conserveira para Galicia nunha visita a Bolton Food no Grove

O GROVE> O presidente da Xunta pon en valor a importancia da actividade conserveira para Galicia e para o desenvolvemento da cadea mar-industria. Alfonso Rueda visitou este venres no Grove a planta de Bolton Food, unha compañía que aposta por Galicia para concentrar o seu principal núcleo industrial en España.

A planta de Bolton Food no Grove é a fabrica onde se producen as conservas Cuca, historicamente coñecido polas conservas Isabel. Este venres, o presidente da Xunta visitou estas instalacións. Alfonso Rueda puxo en valor a importancia da actividade conserveira galega como un sector clave na actividade da cadea mar-industria. Tamén destacou a aposta da compañía por concentrar o seu principal núcleo industrial en España, a través das plantas do Grove e de Cabo de Cruz, en Boiro.

E resaltou o potencial do sector a nivel internacional, malia as dificifultades para a exportación nestes momentos.

E destacou que o impulso a este sector é máis forte agora, dende que a Xunta asumiu as competencias sobre a xestión do litoral.

Nesta planta traballan unhas 350 persoas, cun alto número de contratación feminina.