O Intecmar cumpre 25 anos coa vista posta no Laboratorio de Referencia para o Control de Bivalvos

    VILAGARCÍA> O Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño de Galicia celebrou esta mañá os seus 25 anos de historia. No acto institucional que acolleron as instalacións do peirao de Vilaxoán, as autoridades ensalzaron o papel deste centro, que traballa na súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Así o defendeu, entre outros, o presidente da Xunta. Numerosas autoridades desfilaron polo Intecmar para celebrar o seu 25 cumpreanos. Neste tempo, o centro de Vilaxoán tense convertido nunha referencia a nivel europeo, como centro punteiro no control do medio mariño. Os asistentes recordaron os comezos do Intecmar, e o seu traballo a prol de garantir a calidade do produto que se obtén do mar galego. Foi un acto cargado de orgullo, que deixou tamén momentos para a emotividade. Trala súa exitosa traxectoria, o Intecmar ten agora un novo reto por diante: materializar a súa candidatura para acoller o Laboratorio Comunitario de Referencia para o Control de Bivalvos. Segundo o presidente da Xunta, o centro de Vilaxoán é idóneo para converterse nesta sé. Con este obxectivo sobre a mesa, Alberto Núñez Feijóo fixo fincapé na necesidade de que o Intecmar se manteña como un dos mellores centros destas características do mundo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí