CANAL RÍAS BAIXAS> Onte volveu á grella de Canal Rías Baixas o programa de entrevistas Pleno Aberto. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e a voceira do BNG en Porto do Son, Ánxela Franco, foron os tres invitados que estrearon a nova tempada. Enfrontáronse, ademais, a unha das novidades: as chamadas en directo. Agora os telespectadores poden chamar para facer preguntas aos convidados.
Na estrea desta nova tempada de Pleno Aberto, o alcalde de Vilanova foi o máis reclamado polos telespectadores. Foron moitos os que non perderon a oportunidade de plantexar a Gonzalo Durán as súas preguntas.
Ademais de política local, Durán falou en clave comarcal do seu papel como presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés. Sobre a situación do órgano, asegurou que seguirá traballando.
A directora de Turismo de Galicia tamén estivo neste primeiro programa. Nava Castro destacou a importancia de O Salnés neste sector e falou da necesidade de desestacionalizalo.
A deputada na deputación da Coruña e voceira do BNG en Porto do Son Ánxela Franco, foi a outra convidada que pasou polo plató de Pleno Aberto. En clave local, Franco criticou a cerrazón do actual alcalde á hora de escoitar propostas da oposición; en clave provincial, tendeu a man a todos os concellos, para falar e pór en marcha iniciativas deixando a un lado as cores políticas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/21/pleno_aberto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/21/pleno_aberto.mp4{/flowplayer}