A Escola Náutica Ribeira dispón do navegador máis moderno de España

RIBEIRA> A conselleira de Mar, Rosa Quintana, acudíu á capital do Barbanza para coñecer de primeira man moderno sistema que vén de incorporar a escola ribeirense. Cun investimento de máis dos 200 mil euros, o novo simulador de navegación da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da consellería do Mar, poderá empregarse a partir do vindeiro curso. O sistema, programado coas últimas tecnoloxías e especificacións técnicas, é o máis avanzado a nivel nacional na súa categoría, unha mostra máis da aposta que se fai dende a Consellería por asegurar un ensino de futuro que garanta o relevo xeracional e a reciclaxe dos profesionais do mar. A conselleira aproveitou tamén a visita a Ribeira para supervisar a instalación do novo dique de abrigo aboiante do porto deportivo da localidade. Na mesma estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o presidente de Portos, José Juan Durán.