Os pequenos axentes vixían xa as rúas de Ribeira

RIBEIRA> A pesares de que a maioría dos cativos non levantan máis dun metro e medio do chan, adican o seu tempo libre a vixiar as rúas do Concello de Ribeira e a proporcionar información da vila a quen a necesite. Hoxe presentouse, no salón de plenos do Consistorio de Ribeira, a vixésimo terceira edición da Policía Infantil, a única da comarca. Un total de 27 nenos e nenas, 24 axentes e 3 monitores, que axudan o cabo José Andrés Alonso a manter a orde na capital do Barbanza. Nunha ateigada praza do concello, os membros da Policía Infantil de Ribeira realizaron unha pequena demostración do que levan ensaiando dende o mes de marzo. Este ano incorporáronse oito novos axentes e os encargados de entregárllelas credenciais foron o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o concelleiro Victor Reiriz, ante a atenta mirada dos seus familiares que non se quixeron perder este momento.