Medina Azahara e DVicio, actuacións estelares das Festas de Ribeira

RIBEIRA> Medina Azahara, De Vicio e Cristina Pato serán os pratos fortes das festas de verán de Ribeira. As celebracións arrancarán o día un de agosto cun amplo programa de actividades nas que os nenos adquiren especial protagonismo. Como vén sendo habitual, as actuacións estelares das festas de Ribeira xeran gran expectación entre a cidadanía. Este ano, os ribeirense poderán desfrutar dun amplo abano de concertos dende o rock de Medina Azahara, a música tradicional de Cristina Pato e o pop de De Vicio. Haberá tamén espazo para os músicos da comarca co pase da orquestra Platinum o venres e as actuacións dos dous gañadores do certame de bandas locais, que organiza este ano o concelo por primeira vez. Á marxe da oferta musical e lúdica con numerosas actividades para o público infantil. Un dos días máis destacados da festa será o sábado coa tradicional misa e procesión na honra da Virxe do Carmen. Tras cinco días de festexos, o domingo chegará o broche de ouro coa mostra de música e danza tradicional de Ribeira, a actuación de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e a espectacular queima dos fogos de artificio.