BARBANZA> A Deputación da Coruña executará melloras en estradas de Boiro e Lousame. Ámbalas dúas actuacións teñen por obxectivo incrementar a seguridade a través da ampliación dos viais e a creación de sendas peonís. O investimento total da Deputación nestes dous treitos da rede viaria do Barbanza ascende a seiscentos setenta e tres mil euros. A actuación prevista en Boiro suporá a ampliación e mellora do tramo incial da estrada de Cespón a Vidres. As obras, adxudicadas á empresa Misturas Obras e Proxectos por importe de 480 mil euros, estenderanse nun treito de dous quilómetros. Ampliaranse os carrís a tres metros, na actualidade son de dous e medios, e dotarase de beiravías. O proxecto inclúa tamén a mellora do trazado suavizando as curvas máis pronunciadas. Em Lousame, executarase a mellora da seguridade na estrada entre Portobravo e o Confurco ó seu paso por Aldea Grande. A obra foi adxudicada a Excavaciones y Obras Melchor por importe próximo ós douscentos mil euros. Ademais da ampliación da plataforma procederase á construción dunha senda peonil nun tramo de aproximadamente medio quilómetro co obxectivo de humanizar esta travesía. Está prevista ademais a colocación dunha tubaxe para a recollida de pluviais cos correspondentes pozos de rexistro e arquetas así como unha canalización para alumeado público.
Inicio BARBANZA