Preocupación en Barbanza polos posibles efectos da erosión sobre o terreo queimado

BARBANZA> Transcorrida unha semana dende o seu inicio, Medio Rural segue ser dar por controlado o incendio que afectou a unhas 2.200 hectáreas de monte pertencente ós municipios de Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira.

A preocupación destes tres concellos céntrase agora en analizar os danos causados polas lapas e as posibles consecuencias que poderían derivarse do incendio.

Un dos aspectos que máis preocupa é que a cinza poida afectar ós acuíferos, algo que por desgraza está empezando a producirse.

Tamén preocupa a situación na que quedou o terreo afectado polo lume, sobre o que urxe actuar de contado para evitar a súa erosión antes da chegada das chuvias.

Tamén preocupa que, coa chegada das chuvias, e as conseguintes escorrentías, a cinza vaia parar á Ría, afectando ós bancos marisqueiros, como xa acontecera durante a vaga de lumes de 2006.

Os tres alcaldes xa teñen solicitada unha reuión co conselleiro de Medio Rural, José González, para analizar posibles medidas a implementar, así como as axudas a comunidades de montes e gando que resultaron afectadas tamén polo incendio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí