RIBEIRA> O concello de Ribeira disporá neste primeiro trimestre do ano unha ampla oferta formativa no eido da capacitación dixital. A aula CEMIT acollerá cursos de informática en diversos niveis así como os exames da plataforma EMA para as persoas que remataron os cursos de teleformación.
A primeira das citas será o mércores 29 de xaneiro cando os usuarios da plataforma EMA que realizaron os cursos de competencias dixitais poderán realizar o exame para acreditar a formación adquirida nesta plataforma multimedia de aprendizaxe.
A maiores, durante todo o mes de febrero, o concello organizará un curso de 25 horas de Competencias Dixitais Básicas que se impartirá de luns a xoves en horario de 10 a 11 e media.
Esta formación, aberta a toda cidadanía, compleméntase cos cursos de informática básica dirixidos especificamente ó alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume e do Programa Integrado de Emprego.











