VILAGARCÍA> Unha boa parte dos comerciantes de Vilagarcía daranse cita esta fin de semana en Expoferta. Artigos infantís, zapatos ou moda, son só algúns dos produtos que estará a disposición de todos aqueles que se acheguen ata a carpa que estará situada na praza da II República da vila.
A feira de oportunidades que cada ano organiza Zona Aberta volta ao centro de Vilagarcía para ofrecer aos cidadáns os stocks de temporada que aínda quedan nos establecementos a un prezo reducido.
Este evento abriu hoxe as súas portas ata o vindeiro domingo, na praza do Auditorio. Alí poderán atopar todo tipo de produtos. Un atractivo máis para Vilagarcía, que onte dou por comezadas as súas festas de San Roque, tal e como nos sinalaba o alcalde, Alberto Varela.
Os descontos que poderán atopar nesta acción comercial poden superar o 50% como ven sendo habitual.
Inicio crb