VILAGARCÍA> Onte arrancaron as Festas de San Roque en Vilagarcía. Uns 10 días de festa en Vilagarcía, dentro dos que se engloba a multitudinaria Festa da Auga, na que este ano, por primeira vez, haberá un “punto lila”, se queren saber de que lles estamos a falar non se perdan esta reportaxe.
Garantir a seguridade de todos aqueles que se acheguen ata Vilagarcía o día da Festa de Auga é unha prioridade para a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para o concello, pero tamén para unha asociación feminista “O Soño de Lilith”, que este ano participarán no “Punto Lila”, que se situará na praza da II República, dende o que se acompañarán a todas aquelas mulleres que o necesiten ante unha agresión machista.
A concelleira de Igualdade, Tanía García, explicou que dende este punto, que poderá verse dende diferentes puntos da vila, polo globo de helio de grandes dimensións e con luz que o encabezará, estarase en conexión directa coas forzas de seguridade da vila, e que estará activo das 22h da noite ata ás 10h da mañá .
Os que queiran máis información sobre este tema non teñen máis que achegarse ata o punto de información que estará dispoñible a partir das 11h en Rey Daviña.
Inicio crb