O grupo Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés os vindeiros 12 anos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/30/adxudicacion_pousadas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/30/adxudicacion_pousadas.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Adxudicada a xestión das Pousadas do Salnés. O grupo Hotusa foi finalmente o elixido pola Deputación de Pontevedra para facerse cargo dos catro establecementos da comarca por un período de 12 anos. A cambio, o organismo provincial recibirá un canon anual do 11% dos beneficios.

Hotusa será o responsable de xestionar as catro Pousadas do Salnés. O pleno da Deputación aprobou esta mañá a adxudicación a este grupo, que cren que reúne as mellores garantías para os establecementos.

A xestión cédese durante 12 anos. Nese período, a Deputación recibirá o 11% dos beneficios que xeren os establecementos, que agardan actúen de dinamizadores da comarca.

Hotusa terá que manter as catro pousadas abertas ao longo de nove meses ao ano. Así as cousas, non abrirán ao público ata despois do verán. Mentres, a Deputación acometerá varias actuacións que contan cun orzamento de 1,4 millóns de euros.

O organismo provincial pecha así un proxecto que arrancou no ano 2007.