Éxito de asistencia na apertura da Feira Viamare

RIBEIRA> A Feira Viamare de Ribeira abreu hoxe as súas portas. Trátase da décimo terceira edición desta feira de oportunidades, que se converteu nunha cita obrigatoria para a vila ribeirense. A apertura oficial programouse para a unha da tarde, pero a carpa instalada no Malecón de Ribeira xa estaba chea antes de que chegaran as autoridades. O que explica que esta feira serve para potenciar o comercio local. Tendas de roupa, de deportes e ata de perruquería, danse cita durante toda a fin de semana en Ribeira. Un total de trinta comercios locais que non quixeron perder esta gran oportunidade para dar a coñercer os seus productos. Non quixeron faltar á apertura a Secretaria Territorial da Xunta na Coruña, Patricia Rodríguez, e o alcalde de Ribeira, Manolo Ruiz. Como novidade, este ano a decoración da feira corre a cargo do Centro de Día A Gadea. Recordar tamén que os máis pequenos tamén poden desfrutar en Viamare. Durante toda a fin de semana haberá inchables e talleres de manualidades, para que os nenos se distraían mentres seus país fan as súas compras.