{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/alomba.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/queixas_anpa_alomba.mp4{/flowplayer}
VILAGARCIA> A ANPA do Colexio de Ensinanza Infantil e Primaria a Lomba de Vilagarcía ven de comezar o curso con problemas. Cando vai calor abafan nas aulas, e cando chove teñen pingueiras e amais teñen que ir provistos de botas de auga para chegar ó comedor ou ir a coller o autobús. A ANPA do CEIP A Lomba de Vilagarcía volve ó cole con protestas. Neste comezo de curso volven a comprobar como os desperfectos do centro seguen aínda e mesmo algún, como as goteiras, agudizado. Amais cando fai calor neste centro os cativos abafan: ás veces teñen que estudiar con ata 32 graos de temperatura. E é que desde que se inaugurou este centro educativo fai agora seis anos sempre tiveron problemas de humidades, asolagamentos e desprendemento de cascallos, co perigo que iso supón, sobre todo para os máis cativos. Outra das carencias deste centro é a falla de docentes: hai certos colectivos especiais que se quedaron sen a atención precisa. Deste xeito a ANPA de A Lomba pide a quen competa que lles adecenten o centro educativo no que estudian os seus cativos.