Arranca a trixésimo quinta edición do Rali de Noia

NOIA> A proba, incluída no Campionato Galego, contará cunha participación dun 150 pilotos. Entre os principais favoritos Víctor Senra, Iago Caamaño e Alberto Meira.

Uns 150 pilotos, sumando tódalas categorías daranse cita esta vindeira fin de semana na 35 edición do Rally de Noia. Incluído no calendario galego de rallys, a cita chega cargada de importantes novidades. Unha delas é que a proba será máis curta no seu percorrido total, uns 365 quilómetros.

Ademais dende a organización realizaron modificacións dos trazados co fin de sorprender, tanto a pilotos, como ós miles de afeccionados que se achegan a presenciar esta proba do motor, unha das máis senlleiras de Galicia.

Aumentará tamén o numero de concellos polos que discorrerá ata un total de seis. Súmanselle a Noia, Porto do Son, Outes e Lousame, os tramos de Carnota e Mazaricos, este último co trazado máis longo.

A priori, entre os favoritos a levarse a vitoria, os pilotos que comandan a clasificación do galego: Víctor Senra, Iago Caamaño e Alberto Meira. O éxito da proposta do trazado urbano de exhibición do ano pasado, fixo que a escudería Berberecho volvera a incluila tamen na presente edición.