A oposición acusa a Fole de negarlles o acceso á copia do PXOM

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/pxom2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/REUNION_PXOM_VILAGARCIA_081013.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Exposición vaga, breve… de pouco lles serviu ós grupos da oposición de Vilagarcía a charla que técnicos da empresa Eptisa lles ofreceron esta mañá no Auditorio. Tiña como fin informalos dos pasos que se están a dar na revisión do plan xeral de ordenación municipal. Unha xuntanza que PSOE, BNG e Esquerda Unida agardaban que se producira antes e da que saíron, aínda se cabe, máis disconformes e anoxados co goberno local. Se xa ían molestos por non telos convocado o concello antes de publicar a revisión do plan de urbanismo, nin contar co neles, din, ó longo do proceso de elaboración, os grupos da oposición non saíron máis satisfeitos da reunión mantida esta mañá con membros da empresa Eptisa. A cita tiña como fin informalos das orientacións que se están a seguir na revisión do PXOM. Pero máis ca información, sosteñen desde a oposición, o que houbo foi desinformación. Critican que se pasou de puntillas pola planificación que se proxecta para Vilagarcía, cando o PXOM, din, vai ser una ferramenta imprescindible para o deseño da cidade. Nada que ver coa opinión que se manexa desde Ravella. Segundo o alcalde, Tomás Fole, o que están a afacer é un exercicio de transparencia que intentarán ampliar a outros colectivos da cidade antes de dar paso á exposición pública. Transparencia que para os grupos da oposición é nula, ou enganosa. Din desde o BNG que o alcalde pretende vender un falso consenso, xa que se negou a facilitarlles ós grupos da oposición unha copia da revisión do PXOM. Na mesma liña se manifestan desde o PSOE. Aseguran que Tomás Fole os remitíu a esa fase de exposición pública como calquera particular, cando tanto eles como o BNG e Esquerda Unida representan tamén ós veciños, co que non é aceptable que lles impida o acceso a un documento relevante como ese. Sobre todo cando, malia o breve da reunión, a oposición detectou eivas importantes nesa revisión do Plan, como a falta de zonas verdes, que se prevea construír 6.600 novas vivendas nos próximos 12 anos cando Vilagarcía é unha das poboacións de España con maior número de vivendas sen ocupar ou que non se contemplen documentos de interese como o catálogo de bens a conservar, zonas de especial protección ou unha solución para a consolidación da fachada marítima.