Regular inicio da campaña marisqueira en Noia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/iniciocampanamarisqueonoia0610141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/iniciocampanamarisqueonoia061014.mp4{/flowplayer} NOIA> Nesta primeira xornada, a pesar de que as expectativas non eran demasiado boas, o resultado foi bastante satisfactorio. Co medo a que se cumpriran os pronósticos das mostraxes previas, que auguraban escaseza de berberecho de bo tamaño, os mariscadores de a pé e de a flote iniciaban hoxe a actividade. E despois da primeira xornada. o balance que se fai é bastante positivo, moito mellor do agardado segundo a maioría deles. Aínda así os produtores confiaban en que o marisco acadara un bo prezo na subhasta. De cara ó que resta da campaña, os mariscadores si se mostraron pesimistas. Os topes por mariscador estaban cifrados en corenta quilos para os de a flote e vinte e cinco para os de a pé para berberecho e dez quilos para a ameixa. En canto a esta última especie apenas se deixou ver na lonxa de Testal, xa que a maior parte dos profesionais dedicáronse ó berberecho.