O BNG levará ó Parlamento a falla de profesorado da EEI Fernández Varela

POBRA> No último pleno a corporación municipal xa respaldou por unanimidade, unha proposta da ANPA deste colexio, para impedir a redución dunha praza máis do persoal educativo prevista para o vindeiro curso.

Atendendo ás propias solicitudes da comunidade educativa do centro, o BNG levará ó Parlamento os problemas de recortes no profesorado da escola de educación infantil Fernández Varela. Para os nacionalistas é unha preocupación que se vén dando xa dende o curso pasado, cando, a pesar de perder a tan só a tres alumnos, se lle amortizou cun grupo e tres prazas de profesorado menos. Un problema ó que se lle engadiría tamén a desaparición da figura do orientador.

Para o BNG trátase dun exemplo máis da política de recortes que está a desenvolver dende hai tempo a consellería de Educación que están a provocar ademais o deterioro na calidade do ensino.