O PP ficha a Silvia Fernández para reforzar a aposta polas parroquias

CAMBADOS> O Partido Popular de Cambados segue a desgranar os primeiros nomes da súa candidatura para as eleccións municipais. Silvia Fernández, vicepresidenta da Asociación O Batuqueiro de Vilariño ocupará o terceiro posto. Faino, asegura, co compromiso de traballar polas parroquias cambadesas.

A veciña de Vilariño e vicepresidenta da Asociación O Batuqueiro, Silvia Fernández, será o número tres na candidatura do Partido Popular de Cambados ás eleccións municipais de maio.

Silvia Fernández dá o salto á política convencida das posibilidades do equipo que está a deseñar o Partido Popular, con Luis Aragunde á cabeza. Tamén advirte que o seu traballo será polos veciños das parroquias, especialmente da de Vilariño.

Mellorar as casas de cultura das parroquias ou a promoción de actividades para os maiores do rural, son algúns dos obxectivos que se marca coa súa entrada na política.

Silvia Fernández súmase así ao proxecto popular. A semana pasada Aragunde desvelaba que a avogada cambadesa Sabela Fole será a súa número 2.