Varias familias de Ribeira denuncian a súa situación de vida

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/stop_desafiuzamentos_xitanos_conlleira1205161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/stop_desafiuzamentos_xitanos_conlleira120516.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A través da Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza buscan axuda para melloras no poboado ou que se lles realoxe nunhas vivendas sociais. Na actualidade no barrio chabolista da Conlleira viven, ou malviven, unhas sete familias, con cinco nenos menores. A súa situación é de extrema necesidade. As súas vivendas non dispoñen das condicións mínimas de habitabilidade. A maioría delas non teñen nin portas nin fiestras, non contan con luz eléctrica nin calefacción, nin tampouco rede de saneamento nin abastecemento de auga. A maiores carecen de contedores onde depositar o lixo e as rúas e accesos atópanse en mal estado. Toda unha serie de problemas que se prolonga no tempo e para os que piden unha solución. Para tratar de facer máis forza ca súa solicitude, estas familias buscaron o amparo da Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza. A través deles presentaron un escrito no concello denunciando a súa situación e pedindo a colaboración municipal para a realización de melloras no poboado ou ben para que se lles xestione o seu realoxo en vivendas sociais. Toda unha serie de solicitudes que xa lle trasladaron tamén ó Valedor do Pob,o e que a propia Plataforma reivindicou tamén diante do Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.