POBRA> Xa están á venda as entradas para o Xantar da Terceira Idade da Pobra. Será o venres 29 no pavillón de Venecia. Os interesados en mercar a entrada, cun custo de quince euros, poden facelo na casa do concello.
Dende que se abriu o prazo a pasada semana, practicamente a metade das entradas para o Xantar da Terceira Idade xa están vendidas. Aqueles que non queiran quedar sen praza poden reservala nas oficinas do concello. O prezo do xantar é de quince euros.
Chicolino será novamente a empresa encargada de servir o menú, composto por marisco, peixe e carne. Foi a empresa que obtivo mellor puntuación no concurso convocado polo concello para este evento, cunha oferta que permitirá un aforro próximo ós cinco mil euros para as arcas públicas.
Finalizado o xantar, os asistentes gozarán dunha sobremesa musical amenizada pola cantante Mar Davila.