A POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo. Componse de musicoterapia e talleres de memoria impartidos pola Cruz Vermella no centro sociocomunitario.
Os cursos de envellecemento activo e musicoterapia son xa un clásico da programación do centro sociocomunitario da Pobra que busca previr o deterioro cognitivo e garantir unha maior calidade de vida da poboación á medida que vai cumprindo anos.
As acitvidades desenvolverase en dous semestres, co parón de verán por medio. As inscricións xa están abertas e como en anteriores edicións o éxito de participación está garantido polo que xa se ampliaron os grupos.
O programa conta co financiamento da Deputación da Coruña que achega unha axuda de sete mil euros para o seu desenvolvemento.











