A PDRA esixe a Rueda que tome solucións xa para evitar a fin da produción de marisco na Ría de Arousa

VILANOVA> A plataforma en defensa da Ría de Arousa esixe unha reunión co presidente da Xunta de Galicia. As 27 asociacións participantes piden que se faga de inmediato unha rexeneración total da ría, que se controlen todas as verteduras e que cree un plan de orzamentos para realizar investimentos. Dende a plataforma advirten que a inactividade das administracións está provocando a desaparición da produción da ría e que se está xogando co traballo directo e indirecto de moitas familias.

A plataforma en defensa da Ría de Arousa non cesa na súa loita para velar pola saúde medio ambiental da ría. Un espazo no que a produtividade se viu reducido nos últimos 20 anos en máis dun 50%. Ante esta situación, e ao non ter contestación por parte da xunta de Galicia, a plataforma diríxese ao presidente Rueda esixíndolle que se reúna con eles para tomar medidas.

Nun escrito mandando a Rueda, ademais da reunión, as esixencias da plataforma baséanse en tres puntos, o primeiro a rexeneración da ría.

O segundo a eliminación de todas as verteduras.

O terceiro é a creación dun plan de orzamentos en investimentos na ría.

Dende a plataforma consideran vital realizar xa tanto a rexeneración como o control das verteduras, polo contrario a ría continuará perdendo produción e serán moitas as persoas que teñan que abandonar os seus traballos e o seu principal sustento de vida. Agardan que a Xunta responda as súas peticións e comezar a traballar na solución para un sector vital na Ría de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí