POBRA> Segundo informaron fontes municipais a entrada masiva de auga con turbidez alta na captación do río Lérez, que subministra o depósito de Cadreche, afectou a numerosas vivendas do termo municipal.
A empresa concesionaria do servizo, Viaqua, continúa coas tarefas de purga da rede para solucionar definitivamente esta problemática.
Ademais, persoal do Concello e da propia empresa concesionaria realizaron as pescudas necesarias para identificar a orixe do problema que puidera ter relación cos traballos de extracción da madeira queimada dos incendios do pasado verán.
Dende o Concello informan de que se algún veciño segue tendo a auga turbia na súa casa se poña en contacto co Departamento de Avarías da firma concesionaria no teléfono 900 20 12 50 dende onde tratarán de solucionarlle o problema.