O Museo de Pontevedra renova a súa imaxe corporativa

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra renova a súa imaxe corporativa. Tras analizar máis de 37 propostas, a institución escolleu un deseño de Uqui Permui. Un “M” que busca representar á Cidade do Lérez.

Esta é a nova imaxe corporativa do Museo de Pontevedra. Un “M” baseado na arquitectura da cidade e tamén no tesouro de Caldas. A autora desta nova identidade visual foi a deseñadora Uqui Permui.

Tras máis de 75 anos utilizando un “ex libris” de Alejandro de la Sota, o Museo de Pontevedra quixo dar un paso máis con esta renovación.  Un cambio que, segundo o director, era necesario para o futuro desta institución.

“Ambición, futuro e cambio”. Así definiu o vicepresidente da Deputación esta nova imaxe. César Mosquera mostrouse moi emocionado con esta renovación e asegurou que é só o principio dunha nova etapa do Museo.

Tanto a presidenta da Deputación como o alcalde de Pontevedra agradeceron esta nova imaxe e insistiron no gran poderío que ten este Museo.

Esta nova imaxe reflicte o proceso de renovación no que se atopa inmerso o Museo de Pontevedra. A escultura, que xa luce no exterior deste Sexto Edificio, é unha peza do arquitecto Jesús Fole.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí