Chega á Pobra unha nova edición do ‘Sons da Vila’

POBRA> Está previsto a realización dun total de nove concertos.

Música en directo, en diferentes espazos abertos da vila, e entre semana, co fin de dinamizar así a actividade hostaleira e comercial durante os meses de xullo e agosto.

Este será un dos obxectivos, pero non o único.

Dende o Concello pretenden darlle tamén visibilidade ós grupos locais.

Entre os grupos convidados figuran Os Barbansónicos, Kolokón, Rockolas. Mar Davila ou Caras B, entre outros.

A maioría das actuación serán ás nove da noite, agás nas xornadas do 18 de xullo e 8 e 22 de agosto, que serán ás oito.