Luz verde para declarar o Castro de Baroña como BIC

declaracionbiccastrobarona100.jpgPORTO DO SON> A Consellería de Cultura vén de incoar o expediente para declaración de Ben de Interese Cultural do Castro de Baroña.

{flowplayer}barbanza/declaracionbiccastrobarona.flv{/flowplayer}

A resolución de incoación do expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural publicouse este luns no DOG. De xeito inmediato e con carácter provisional aplicarase o réxime especial de protección o que se traduce na suspensión de tódalas licencias de parcelación, edificación ou demolición na zona afectada.

Actuación en áreas críticas

Paralelamente, mentres dure o proceso da declaración de BIC, a Dirección Xeral de Patrimonio realizará, ó longo deste ano, intervencións nas seis zonas críticas detectadas nun recente estudo sobre o xacemento.

A Consellería de Cultura prevé que a declaración se faga efectiva ó longo deste ano. Dende o concello agardan que así sexa e non se esgote o prazo máximo de vinte meses que establece a lei para facer efectiva a protección que garantirá a conservación dun dos vestixios castrexos máis importantes de Galicia.

Na actualidade, trala publicación da resolución, ábrese un prazo de información pública dun mes para os interesados en presentar alegacións.

Redacción Barbanza